- Nunha exitosa xornada que comezou ás 11:00 no circuito habilitado nas instalacións do Campo de Fútbol de “Augas Férreas”.
- Unha proba puntuable para o ránking da Federación Ciclismo Galego e para o da Real Federación Española de Ciclismo.
O Alcalde agradeceu e felicitou aos organizadores desta III Edición, o Club Ciclista «Grupeta Pan De Zarco - A Cañiza», coa colaboración do Concello, polo éxito de participación, con máis de 300 ciclistas inscritos.
Luis Piña tamén felicitou aos gañadores de cada categoría e por suposto agradeceu a asistencia e participación de todos os deportistas neste III Trofeo.
Un agradecemento extensivo ás empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA pola súa contribución para financiar esta III Edición.
Tamén destacou o traballo dos empregados do Concello que nos días previos e durante a proba colaboraron para a boa marcha da competición.
O Trofeo comezou ás 11h coa participación das categorías infantil, cadete, junior e Élite -Sub23 masculino e femenino e continuou pola tarde, ata ás 17h, nesta ocasión coa competición das categorías Master 30/40/50/60 masculino e feminino.
O Alcalde Luis Piña, acompañado da Teniente de Alcalde Mª José Rodríguez, asistiu á entrega de premios que tivo lugar ás 14h para as categorías máis pequenas e ás 17h para as categorías Máster. Por suposto na entrega de premios tamén estiveron presentes os organizadores do evento, o Club Ciclista Grupeta Pan de Zarco, representado polo seu Presidente Tito Ramírez e o Secretario Pablo Márquez e o Vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo Óscar Sánchez.
Noraboa a todos e a por un ano máis!