- A Cañiza asinou este Convenio de Adhesión o pasado 14 de outubro, sumándose aos 224 Concellos que xa forman parte desta Rede en contra da violencia de xénero, impulsada inicialmente a través da sinatura dun Protocolo entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e a FEGAMP.
Segundo informou esta mañá o Alcalde Luis Piña, “os concellos adheridos a este rede, somos beneficiarios de varias actividades que teñen por obxectivo desenvolver campañas de sensibilización e prevención, que axuden a contribuir á transmisión de valores igualitarios e á ruptura de estereotipos de xénero, fundamentalmente entre a mocidade”.
Nesta liña, esta mañá asistimos a esta primeira actividade, desenvolvida no IES da Cañiza, ás 11:50h, entre o alumnado do Centro. Un encontro co título “HAI SAÍDA GRAZAS A TÍ” que consistiu nun debate a cargo de persoal especializado sobre a abordaxe da violencia de xénero, con especial énfase na xente moza”.