- Este venres varios espazos das rúas Progreso e Castelao, Praza de Arbo e as rotondas da rúa Vilanova estrearon novos deseños nos xardíns municipais.
- Así o manifestou o Alcalde Luis Piña despois de comprobar os traballos de mellora e acondicionamento de todos estes xardíns, acompañado do xefe de obra da empresa adxudicataria VIVEIROS ADOA, S.L., Carlos A. Rodríguez Vila.
- Unha actuación adxudicada o pasado mes de agosto por un importe de 28.311,58€, impostos incluídos e subvencionada polo Plan Concellos 2023 do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O Concello asumiu os costes de honorarios de redacción do proxecto (847,00€) e a dirección de obra e coordinación de seguridade e Saúde ( outros 635,25).
Na ponte de “Todos os Santos” o centro urbano da Cañiza estreou a obra de mellora e acondicionamento das rúas Progreso e Castelao, Praza de Arbo e das rotondas do Xamón e do Cruceiro, ambas na rúa Vilanova que lucen 1255 novas prantas de distintas especies ao lado doutros arbustos que poideron ser replantados .
Unha obra que tiña como obxectivo mellorar esteticamente estes espazos, mellorar a súa habitabilidade e a sostenibilidade das zonas .
A obra consistiu na sustitución da herba existente por plantacións de árbores e plantas con sistemas de rega automática e cubrición con mantillo de codia de piñeiro. Retirada das especies que estaban en bo estado para volver a replantalas. Aproveitamento dos sistemas de rego antigo que foron potenciados, mellorados e ampliados para garantir o mantemento das zonas axardinadas e sectorización do sistema de rego por goteo para aproveitar mellor o sistema e minimizar o gasto de auga.
O máis importante foi a dotación dun total de 1255 prantas novas distribuidas entre:
Rúa Progreso: acondicionouse coa plantación de 522 plantas
Nestes xardíns, ademais da instalación de 327 m de mangueira de goteo de 16mm para mellorar o sistema de rego, acondicionáronse con composicións de oliveiras ( 5 unidades), Ilex Crenata Fistigiata e Lagerstroemia Indica, combinados con arbustos perennes ( Abelias, Loropetalum, etc.) e caducifolios (Berberís, Hidrangea, etc). Tamén se colocaron plantas vivaces e gramineas como Pannisetum e Panicum.
Rúa Castelao: renovación con 153 plantas.
Plantáronse Liquidambar, Oliveira e composición de arbustivas perennes ( Azalea, Nandina, Abelias, etc) e caducas ( Spireas, Berberis, etc) gramíneas (Pennisetum, Panicum, etc) e herbáceas. Ademáis neste xardín acondicionouse unha zona con 5 m2 de xabre compactado, 4 m2 de mantillo e 150 m de mangueira de rega.
Praza de Arbo: 390 novas plantas.
Os xardíns melloráronse con composicións de arbustos perennes ( Strelitzia, Gardenia, Azalea, Agapanto, etc), plantación de fentos e herbáceas tipo liriope.
Rotonda do Cruceiro:
Mellorouse coa plantación de Ilex Crenata Glory Gen con formación topiaria ( en bola), combinada con arbustos tipo Nandina, Erica e gramineas tipo Pennisetum e Festuca, 30 m de mangueira de goteo e 1 m3 de mantillo.
Rotonda do Xamón
83 pequenas plantas. 75 Vivaces, 8 Buxis, 10 m de mangueira de goteo e 0.25 m2 de mantillo.