Servizos Sociais e de Atención Primaria Comunitaria

Trámites

Casa do Concello
Rúa Oriente, nº 11 – Baixo
36880 A Cañiza (Pontevedra)
Tel.: 986 652435
Fax: 986 651190
Horario de Atención de 9:30 a 13:30:
Días de atención: martes e xoves
Outros días solicitar cita previa chamando ao 986 65 24 35

Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos cañicenses.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.

Cóntase cos seguintes servicios:

     1. PROXECTO DE INFORMACION - VALORACIÓN E ASESORAMENTO

     2. PROGRAMA DE AXUDA A DOMICILIO

     3. SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO ÁS FAMILIAS.

 

 

Servizo de Educación e Apoio Familiar

 

Natureza e obxectivos

 

O servizo de Educación e Apoio Familiar, de titularidade municipal, prioriza os seguintes obxectivos:

 

  1. Promover a adquisición, por parte das familias destinatarias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.
  2. Poñer a disposición das familias participantes alternativas, información, recursos e itinerarios socioeducativos en relación coas posibilidades da contorna.
  3. Favorecer a integración, promoción e participación social das familias ou unidades de convivencia.
  4. Previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familiares ou a grupos de convivencia alternativa.
  5. Completar o servizo de axuda no fogar cando se identifiquen situacións carenciais ou de conflito que deban abordarse por medio da educación familiar.
  6. Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades educativas e mellora das situacións detectadas.

 

Destinatarios do Servizo

 

  1. O programa diríxese con carácter xeral ás familias do concello da cañiza, con atención prioritaria a aquelas unidades de convivencia que se atopen en situación de maior vulnerabilidade, nas que exista presenza de menores en risco de desatención ou nas que se identifiquen outros factores que revelen unha situación de risco de exclusión social ou pobreza infantil.
  2. Tamén se dará apoio a aquelas unidades de convivencia voluntaria con funcións análogas á familiar, sempre que favorezan a autonomía e a integración social das persoas que as constitúen.

 

A determinación da unidades familiares destinatarias virá precedida, en todo caso, pola valoración técnica do persoal cualificado dos servizos sociais comunitarios municipais.

Con fin de promover a integración social e a calidade da acción educativa das familias, o programa poderá incluír, ademais, actividades de carácter aberto, enfocadas en xeral a toda a comunidade ou a sectores profesionais ou corporativos vinculados directa ou indirectamente coa mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.

     4.  SERVIZO DE CONVIVENCIA, DE PREVENCIÓN E DE INSERCIÓN SOCIAL

     5.  ATENCIÓN ESPECIALIZADA

  • Para a Muller
  • Para os Menores
  • Para os Maiores
  • Para persoas en desventaxa social
  • Para discapacitados
  • Para minorías étnicas e inmigración
  • Outros trámites

     6.  SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ 

 

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

 

Que é a atención temperá?.

A atención temperá defínese como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e a súa contorna,  que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

 

Qué son os trastornos do desenvolvemento?.

Son situacións nas que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, de restricións na participación social ou a causa de factores da contorna, se produce unha desviación ou atraso significativo no desenvolvemento das capacidades,  adquisicións e recursos persoais típicos nos nenos e nenas

 

Qué prestacións se ofrece as familias?:

1º. Diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento.

2º. Desenvolvemento psicomotor.

3º. Desenvolvemento cognitivo.

4º. Desenvolvemento da linguaxe e comunicación.

5º. Desenvolvemento da autonomía.

6º. Desenvolvemento da área social e afectiva.

7º. Apoio, información, habilitación e formación da familia.

 

A quén se dirixe a atención temperá?.

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como ás súas familias e á súa contorna.
 

Cal é o procedemento para recibir atención temperá?.

A familia deberá acudir ao servizo de pediatría do centro de saúde que lle corresponda e informará ao pediatra da sospeita de trastorno do desenvolvemento. Será este profesional quen fará o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á
unidade de atención temperá máis axeitada para o caso.

 

UNIDADE DE ATENCION TEMPERA DE A CAÑIZA ,COVELO, MELÓN , MONDARIZ E MONDARIZ BALNEARIO

 

Servizo Atención Temperá A Cañiza e Melón: Rúa Progreso, 21, 1º Andar (36880) A Cañiza, Pontevedra.(edificio multiusos) Xoves e Venres

 

Servizo Atención Temperá Mondariz e Mondariz Balneario: Rúa Miguel Angel Blanco, 1, 1º Andar (36890) Mondariz, Pontevedra. Luns e Martes

 

Servizo Atención Temperá Covelo: Lugar Maceira, s/n (36873) Covelo, Pontevedra. Mércores

 

Teléfono de contacto: 657 37 97 88

Email: atenciontemprana.caniza@aceesca.com

 

Atención Temperá
Programa Clara de Promoción da Igualdade e prevención da violencia de xénero