Servizos xeráis

O Arquivo municipal é o depósito onde se conservan ordenadamente documentos, escrituras e expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser utilizados para a xestión administrativa, a información, a cultura e a investigación e para conservar a memoria histórica do noso municipio.

Ten como obxectivo prioritario que os cidadáns poidan acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos.

As súas funcións:

  • Orientación e información: ofrece aclaracións e axudas de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán ou para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación.
  • Entrega de instancias e colaboración e asesoramento na súa cumprimentación sobre a realización da maior parte dos trámites municipais: licenzas, denuncias, informacións urbanísticas, pago de tributos municipais, certificados de datos persoais dos que dispoña o Concello (padróns de habitantes, tarxetas de minusválido, título de familia numerosa, etc.).
  • Recibe e tramita as reclamacións, denuncias, peticións e outros plantexamentos por parte do cidadán.
  • Xestión de información administrativa municipal.
  • Nestas dependencias pódense consultar os boletíns oficiais (BOE, DOGA e BOP do ano en curso), a normativa local e a cartografía municipal.

A rede de técnicos e axentes de emprego é unha infraestructura de servicios, asesoramento e apoio impulsado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para a implantación de políticas activas de emprego, a creación e consolidación de iniciativas empresariais e a xeración de novos postos de traballo no Ámbito local da Comunidade Autónoma de Galicia.
Servicios prestados pola rede.

  • Asesoramento e apoio para a creación de empresas e iniciativas á creación de emprego.
  • Colaboración na posta en marcha de proxectos empresariais creadores de emprego.
  • Orientación sobre mecanismos de axuda e apoio financieiro a empresas.
  • Búsqueda de oportunidades de negocio e investigación sobre as posibilidades de desenvolvemento económico no territorio dos diferentes proxectos.
  • Dinamización socioeconómica no ámbito local.
  • Participación en proxectos da Unión Europea.

Información sobre o servicio no concello
- Marcos Gómez González

Entre as principais funcións deste servizo están:

  • Galeguización dos servizos municipais administrativos.
  • Promoción do idioma galego

Empezando polo uso interno: documentación escrita, formularios, formación lingüística do persoal, dotación de material de apoio, de xeito que calquera cidadán que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego e esta sexa, progresivamente, a primeira lingua de comunicación.
Realizando outras actividades como servizo de asesoramento e información a todas as persoas ou entidades que o demanden: programación de cursos de lingua, campañas informativas ou de sensibilización e organización de actividades diversas.

  • Xestiona o rexistro administrativo no que constan datos dos veciños do termo municipal debidamente empadroados.
  • Expide os certificados de empadroamento e de convivencia.
  • Xestiona as baixas no rexistro.
  • Tramita os cambios de datos no padrón.

Trámites

  • Alta no padrón municipal de habitantes
  • Cambio de domicilio dentro do ámbito municipal
  • Certificado de empadroamento
  • Solicitude de certificado de convivencia

Neste departamento o cidadán pode obter información sobre calquera aspecto relacionado cos seguintes temas:

  • Convocatorias do Concello de prazas de persoal e das súas bases.
  • Contido da oferta pública de emprego deste municipio.
  • Selección de persoal: interino, contratado laboral temporal.
  • Datas de publicación e prazos de presentación de instancias para a cobertura das prazas.
  • Bolsas de prácticas nos Centros Turísticos Municipais durante a tempada de verán

Neste departamento dáselles entrada aos documentos que teñen como destinatario o Concello e saída aos oficios, notificacións, ordes, comunicacións, certificacións, expedientes ou resolucións que expida ou emanen da Corporación, autoridades ou funcionarios. Garántese a constancia de entrada ou saída mediante o correspondente asento de todo escrito, comunicación ou oficio que sexa presentado ou se reciba nesta oficina.

A persoa que presente documento no Rexistro poderá solicitar unha copia selada do documento que presente, que deberá achegala o interesado.

Ao secretario/a xeral correspóndelle a función de fe pública e asesoramento legal preceptivo.