Anuncio de procedemento selectivo de técnico/a de Orientación Laboral

Emprego

O Concello da Caniza informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 158, de data 19 de agosto de 2026, do seguinte anuncio:

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL CANIZA ( Persoal, oposicións ).

PROCEDEMENTO SELECTIVO DE TÉCNICO/A DE ORIENTACIÓN LABORAL

ANUNCIO DE CONVOCATORIA

Por Decreto de Alcaldía, aprobáronse as bases do procedemento de selección, como funcionario/a interino/a, dun posto de Técnico/a de Orientación Laboral, ao abeiro das subvencións concedidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Expediente TR331A, para o ano 2026.

As bases poderanse consultar no Taboleiro de Anuncios da Casa Consistorial, e máis no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, unha vez publicado este anuncio no BOPPO.

Enlace ás bases: https://caniza.sedelectronica.es/preview-document/69b47415-9b33-41e4-be5b-5888c3051612/

Os/as interesados/as teñen un prazo de 10 (dez) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación efectuada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para a presentación de solicitudes e demais documentación (do 20 de agosto de 2026 ao 2 de setembro, ambos inclusive).

 

Anuncio de procedemento selectivo de técnico/a de Orientación Laboral