O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído polo alcalde e os concelleiros. Ao alcalde lle corresponde convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros.
O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal. Constitúeo unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre esta ao Pleno.
Do Pleno dependen as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
Goberno
Nome | Grupo político | Denominación / Cargo | Mandato | Ligazón ao contido | |
---|---|---|---|---|---|
Luis Antonio Gomez Piña | PSOE de Galicia | Alcalde – Presidente | 2023 - 2027 | Ver | |
María José Rodríguez González | PSOE de Galicia | Concelleria Delegada e para as parroquias de Achas, Franqueira e Parada (montaña) | 2023 - 2027 | Ver | |
Paula Bacelar Dominguez | PSOE de Galicia | Concelleira Delegada e para as parroquias de A Cañiza e Petán | 2023 - 2027 | Ver | |
Miguel Anxo Gómez Antón | PSOE de Galicia | Concelleiro Delegado para as parroquias de Parada e Luneda | 2023 - 2027 | Ver | |
Felipe Piña Teijeira | PSOE de Galicia | Concelleiro Delegado para a parroquia de Valeixe | 2023 - 2027 | Ver | |
Eva María Rivas Pérez | PSOE de Galicia | Concelleiro Delegado para a parroquia de O Couto | 2023 - 2027 | Ver | |
Rubén Muiños Martínez | PSOE de Galicia | Concelleiro Delegado para a parroquia de Oroso | 2023 - 2027 | Ver |
Oposición
Nome | Grupo político | Denominación / Cargo | Mandato | Ligazón ao contido | |
---|---|---|---|---|---|
Miguel Adolfo Domínguez Alfonso | Partido Popular | Concelleiro | 2023 - 2027 | Ver | |
Pilar Vicente Iglesias | Partido Popular | Concelleira | 2023 - 2027 | Ver | |
Cristian Gómez Mariño | Partido Popular | Concejal | 2023 - 2027 | Ver | |
Ana Belén Alejandro Alvarez | Partido Popular | Concejal | 2023 - 2027 | Ver | |
Ismael Giráldez Lage | Partido Popular | Concejal | 2023 - 2027 | Ver | |
Carmen Dolores Fernández Rodríguez | Partido Popular | Concejal | 2023 - 2027 | Ver |