Ordenación da circulación, sinalización, aparcamento.
No departamento de Tráfico proxéctase a ordenación da circulación mediante o establecemento e mantemento da sinalización horizontal e vertical e do control do aparcamento de superficie, entre outras
POLICÍA LOCAL
Casa do Concello da Cañiza
Rúa Oriente, nº 11 – baixo
36880 A Cañiza
e-mail: policia@caniza.org
Tel.: 986 651 000 – 986 651 001 – 639 334 900
Fax: 986 651 190
O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
As súas funcións, que exerce dentro do termo municipal, son:
• Auxiliar e protexer as persoas e bens.
• Velar polo cumprimento das normas.
• Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no centro urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
• Instruír atestados por accidentes de circulación.
• Protexer ás autoridades da Corporación local e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
• Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
• Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
• Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delituosos.
• Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado.