O Alcalde anuncia unha hora de atraccións silenciosas nas Festas do Xamón para que os nen@s que padecen de hipersensibilidade auditiva tamén poidan disfrutar dos cachivaches

Saúde

Durante os días 14 e 15 de agosto, de 19h a 20h, as atraccións e chiringuitos do recinto de festas, habilitado na zona do Regueiro, funcionarán sen ruidos nin megafonías, precisamente para que os nenos e nenas que sufren de hipersensibilidade auditiva ou calquera outro trastorno que produza problemas sensoriais, xunto cos seus familiares, tamén poidan gozar destas festas sen decibelios, ruidos extremos, sen sufrimentos e nun ambiente de tranquilidade.

O Alcalde resaltou a importancia de atender, entender e educar na diversidade.