Aberto o prazo para inscribirte no Programa Talento 45+: Formación en Almacén, Microsoft 365 e Marketing en redes sociais
En marcha o Programa Talento 45+: cursos 100% gratuitos para personas desempregadas de 45 a 60 anos:
Unha iniciativa destinada a mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral deste colectivo.
Impulsado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e Ntfor Learning, S.L., centro de formación profesional especializado para o emprego, en colaboración co Concello da Cañiza e cofinanciado pola FSE+.
Esta mañá, o Alcalde Luis Piña presentou este Programa destacando que a iniciativa “forma parte do compromiso do Concello por apoiar proxectos que favorezan a inserción laboral e a mellora da cualificación profesional das persoas desempregadas”.
Quén pode participar?
O programa está orientado a persoas de 45 a 60 anos (ambos inclusive) en situación de desemprego ou inactividade laboral.
Oferta formativa
As persoas participantes poderán elixir entre tres especialidades:
- Almacén (120 horas). Do 22 de setembro ao 28 de outubro de 2025 en horario: de 9:00 a 14:00 horas. Curso presencial nas aulas do Edificio Multiusos (agás dúas xornadas de prácticas en Vigo).
- Microsoft 365 (Modalidade presencial ou en aula virtual, segundo o número de inscritos, cos que se determinará o comezo das clases e os horarios).
- Marketing en redes sociais (igual que o anterior, tamén en modalidade presencial ou en aula virtual e por concretar o comezo do curso e os seus horarios).
Itinerario do curso de Almacén (120 horas)
- Organización do Almacén (30h): distribución de espazos, técnicas de almacenaxe e xestión de envíos.
- Prevención de Riscos Laborais (60h): seguridade no traballo, incendios, electricidade, manipulación de materiais e axentes ambientais.
- Manexo de maquinaria e seguridade:
- Carretilla elevadora (teoría e prácticas nun circuíto real).
- Transpalet eléctrico.
- Manipulador de alimentos (inclúe formación sobre alérxenos e APPCC).
Aberto o prazo. Como inscribirse.
As persoas interesadas poden inscribirse xa no programa.
- Enviando un e-mail ao enderezo electrónico: fatima.puente@ntfor.com
- Chamando ao 628 999 060
Como funciona o programa Talento 45+
O Programa 45+ é unha iniciativa das Cámaras de Comercio destinada a paliar os efectos que a crise da COVID-19 provocou nas persoas de 45 a 60 anos en situación de desemprego.
O itinerario inclúe:
- Diagnóstico inicial personalizado para analizar a situación laboral da persoa participante.
- Formación en competencias dixitais, adaptada ao perfil de cada alumno.
- Itinerario formativo específico, con cursos prácticos como os ofertados nesta convocatoria.
- Orientación individualizada para identificar oportunidades reais de emprego no mercado actual.
#ConcelloDaCañiza#AdentrateEnGalicia#Ntfor#Talento45plus#Europasesiente#CursosGratuitos#Formación#OportunidadesLaborais
Consulta os horarios dos cursos que máis se adapten ás túas necesidades dentro do Programa.