Andaina «Camiño dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e Miradoiro do Monte Lápido» na parroquia do Couto

Data
to
Location
«Camiño dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e Miradoiro do Monte Lápido» na parroquia do Couto
Organiser
Verán de Lecer 2026 do Concello da Caniza
Actividades

O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 cunha nova proposta para descubrir a riqueza natural, histórica e paisaxística do municipio.

O vindeiro 21 de xuño celebrarase a andaina «Camiño dos Arrieiros - Ponte de Noceifas e Miradoiro do Monte Lápido», un percorrido circular de preto de 9 quilómetros que combina natureza, patrimonio e espectaculares panorámicas.

A saída terá lugar ás 09:00 horas desde a Caseta de Saída do Couto (panel informativo).

A ruta discorre en gran parte polo sendeiro homologado PR-G 272 Río Ribadil “Rede Natura”, permitindo ás persoas participantes percorrer parte do histórico camiño dos arrieiros do viño, unha vía de comunicación utilizada xa no século XVIII que, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as terras de Crecente, Arbo, Valeixe e a comarca do Ribeiro.

O itinerario inclúe o paso pola emblemática Ponte de Noceifas e a ascensión ao Miradoiro e Observatorio Natural do Monte Lápido, un enclave privilexiado desde o que se poden contemplar unhas impresionantes vistas sobre o val do Ribadil, o río Miño e as montañas do norte de Portugal.

Ademais do seu valor histórico e paisaxístico, parte do percorrido atravesa un espazo integrado na Rede Natura 2000, unha área protexida de alto valor ecolóxico a nivel europeo polos hábitats e especies que alberga.

Nos últimos anos, o Concello impulsou diversas actuacións para a recuperación e posta en valor deste recurso natural e turístico. Entre elas destacan os traballos de acondicionamento do sendeiro realizados en 2021, a construción dun novo miradoiro en 2023 e, máis recentemente, a creación do observatorio natural do Monte Lápido, finalizado en 2025, consolidando este espazo como un dos principais atractivos paisaxísticos do municipio.

Importante: o tramo de subida e baixada ao Monte Lápido presenta unha pendente pronunciada, polo que se recomenda acudir con calzado axeitado, roupa cómoda e levar auga.

📌 Recoméndase realizar preinscrición na Biblioteca Municipal.
📞 Información e inscricións: 986 66 30 69

Unha oportunidade única para coñecer a historia dos antigos arrieiros, descubrir un dos espazos naturais máis valiosos da comarca e desfrutar dunha mañá de sendeirismo en plena natureza.

#VeránDeLecer2026 #AndainaPRG272 #SendeiroDoRibadil #RutaDosArrieiros #RedeNatura2000 #MonteLápido #PonteDeNoceifas #OCouto 

Horario

Domingo, 21 de xuño, ás 9h da mañá con saída dende a caseta de información do Couto.