Bailes de Salón: Salsa, Bachata, Cumbia e Ritmos Latinos. Curso 2026/2027
O Concello presenta unha nova edición dos obradoiros de Bailes de Salón, unha actividade que combina diversión, exercicio e aprendizaxe, e que forma parte da programación formativa e de lecer para o curso escolar 2026-27
A través destas sesións terás a oportunidade de mergullarte no apaixonante mundo dos ritmos latinos, aprendendo e practicando estilos tan coñecidos como a salsa, a bachata e a cumbia, ademais doutros bailes que che farán mover o corpo e gozar da música.
Estes talleres están pensados para persoas de todas as idades que desexen pasalo ben, manterse activas, mellorar a coordinación e coñecer xente nova.
Non é necesario ter experiencia previa: só precisas ganas de bailar e de deixar que a música che leve.
- Comezo: 25 de setembro de 2026
- Lugar: Casa de Cultura da Caniza
- Horario: todos os venres de 21:00 a 22:30 h
A inscrición pode realizarse na Biblioteca Municipal da Cañiza, onde tamén poderás recibir máis información.
Teléfono de contacto: 986 663 069
Unha magnífica oportunidade para gozar do baile, mellorar a forma física e participar dunha actividade que enriquece a vida cultural e social do noso municipio.
Comezo do curso o 25 de setembro de 2026.
Todos os venres en horario de 21:00 a 22:30h, no 1º andar da Casa de Cultura da Caniza