Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados
Grandes planeadores con remolque mediante avión a motor.
Este campionato realízase a unha soa proba: do sábado 29 ao domingo 30 de agosto de 2026
Lugar: o campo de voo “PASTIZAL de FONTEFRÍA” que está situado no alto de Fontefría, nas proximidades do Toro de Osborne, motivo polo cal se inclúe a súa silueta no anagrama do club.
Aínda que non é un terreo natural, debido a que se trata dun chan modificado artificialmente na década dos 80 para convertelo en pastizal, no que se introduciron gramíneas foráneas para forraxe de gando e piñeiros madeireiros, o resultado final é un extenso pastizal idóneo para a práctica deportiva obxecto do club.
Neste lugar vén realizando desde fai máis dunha década, de forma continuada, a actividade deportiva do Club Vuelo a Vela Fontefría, tanto na faceta competitiva como adestramentos e voo de recreo.
Trátase dunda zona de voo con pistas diferenciadas para manobras de remolque e de aterraxe, así como zonas de seguridade.
Mecánica do Campionato
- Toda a xornada do sábado dedicarase a voos de adestramento e voos de exhibición doutras modalidades do voo sen motor, ou sexa do Voo a Vela.
- Para os voos do campionato establécese unha xanela temporal comprendida entre as 10:00 horas e as 18:00 horas do domingo.
- Dentro desta xanela cada piloto participante no campionato debe realizar catro voos puntuables.
- A diferenza doutros campionatos, neste caso non hai unha orde de participación establecido por sorteo de dorsais, senón que o momento de cada voo é elixido libremente o piloto.
- Fóra dos voos do campionato, os pilotos poden realizar cuantos voos desexen, co único condicionante de que o piloto que vaia a realizar un voo puntuable para o campionato, ten prioridade no remolque sobre os outros pilotos.
- Desta forma, elimínase o factor sorte no relacionado coas condicións meteorolóxicas no momento do voo, xa que é o propio piloto o que elixe o instante de realizar o seu voo puntuable en función da súa propia análise das condicións de contorna.
- Por outra banda, a posibilidade de poder realizar voos libres dan a opción de coñecer o espazo aéreo do campo de voo e familiarizarse con él.
Do sábado 29 ao domingo 30 de agosto de 2026 no campo do "Pastizal" de Fontefría.