Charla sobre o « Testamento Vital »

Data
to
Location
Anexo Biblioteca do Consultorio de Valeixe
Organiser
Área Sanitaria de Vigo en colaboración co Concello da Cañiza
Formación

Sabías que o testamento vital che permite deixar por escrito os teus desexos sobre coidados médicos en situacións críticas?

Esta ferramenta é clave para protexer a túa dignidade e facilitar a toma de decisións ás túas persoas achegadas.

Imparte: Traballadora Social do Centro de Saúde da Cañiza

Falaremos sobre a importancia do testamento vital, como elaboralo e por que é un documento que garante o respecto polas túas crenzas e valores nos momentos máis delicados.

Actividade organizada polo Servizo Galego de Saúde - Área Sanitaria de Vigo coa colaboración do Concello da Cañiza.

 

Horario

Venres, 13 de xuño de 2025, a partires das 10 no Anexo Biblioteca do Consultorio de Valeixe