Charla sobre «Técnicas para xestionar as explosións emocionais na infancia»

Data
to
Location
Aula 3 do Edificio Multiusos da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

 O ALCALDE ANUNCIOU ESTA MAÑÁ UNHA NOVA FORMACIÓN DIRIXIDA ÁS FAMILIAS

“Técnicas para xestionar as explosións emocionais na infancia” . xoves,24 de abril de 2025

Unha charla que se desenvolverá o 24 de abril, ás 18h no Aula 3 do Edificio Multiusos da Cañiza, dirixida a pais e nais con nenos e nenas en idade preescolar e escolar, programada no ciclo de actividades dirixidas ás familias para os meses de abril, maio e xuño.

A actividade está enmarcada dentro do programa “EN FAMILIA TODOS CONTAN” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.

Está dirixido especialmente á poboación infantil e adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.

As actividades do programa xiran entorno a adquisición de habilidades sociais de cara a previr patróns de consumo, tanto de sustancias como doutras condutas aditivas.

 

Horario

Xoves, 24 de abril de 2025, ás 18h no aula 3 do Edificio Multiusos

 

 

Charla sobre «Técnicas para xestionar as explosións emocionais na infancia»