CINE NA RÚA. Proxección da película «EXPLOTA EXPLOTA»
CINE EN FAMILIA PARA TODOS OS PÚBLICOS
María (Ingrid García-Jonsson) é unha moza bailarina cun forte anhelo de liberdade na España dos anos 70.
A época, marcada pola censura propia da ditadura, sobre todo na televisión, dificulta que María cumpra o seu soño. Con todo, ela loitará ata conseguilo.
Tras deixar plantado ao seu noivo no altar, viaxa ata Madrid para atoparse a si mesma e loitar polo seu soño de ser bailarina. Xunto coa súa boa amiga Amparo (Verónica Echegui) conseguirá facerse un oco na televisión e chega a formar parte do grupo de danza do programa máis exitoso dese momento: As noites de Rosa. Alí atopará o amor e debido a un gran secreto que este esconde terá que tomar unha importante decisión sobre a súa relación.
Esta película, dirixida por Nacho Álvarez, é un musical baseado no universo das cancións de Rafaella Carrà
Día 3 de agosto de 2022 a partires das 22.30h