Clases de Percusión e Gaita. Curso 2025/26

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
ASCULCA e Os do Cruceiro coa colaboración do Concello
Formación

 

O Concello da Cañiza pon en marcha, un ano máis, as Clases de Percusión e Gaita, unha actividade que se enmarca dentro da súa programación formativa e de lecer para o curso escolar 2025-2026.

Estas clases estarán impartidas pola Asociación Cultural ASCULCA, a través da agrupación Folk "Os do Cruceiro", referentes na música tradicional galega.

Unha oportunidade única para achegarse á nosa cultura, aprender a tocar a gaita, o tamboril, a pandeireta e outros instrumentos de percusión, e compartir experiencias coa comunidade.

Día de clases: Todos os mércores
Horario: de 19:00 a 22:30 horas
Modalidades: Percusión e gaita

As sesións están abertas a todas as idades e niveis, tanto para quen queira iniciarse como para quen desexe mellorar a súa técnica.

Inscricións: Biblioteca Municipal da Cañiza - Teléfono de información e contacto: 986 66 30 69

Animámoste a participar e a manter viva a tradición musical galega!

Horario

Consultar na biblioteca municipal o inicio das clases que se impartirán todos os mércores en horario de 19h a 22:30h