Concerto a cargo dos grupos "THE TETAS VAN" E "BROKEN PEACHE"
Evento de Verán de lecer A Cañiza
Plaza Maior, A Cañiza - Pontevedra
Duración: 2 h
MÚSICA PARA TODA A FAMILIA
"The Broken Peach"
Unha banda e un espectáculo para todos os públicos … e a verdade, podería dicirse que son un pouco de todo. Crean unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarse das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano. Unha das súas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. Viaxan desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.
" The Tetas´ Van"
Son un grupo de mulleres na súa maioría (ainda que contan con marabillosos músicos homes nos seus cabaréts) que pretende revolucionar os concertos coas súas músicas.
Ainda que son especialistas en versións o seu obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da lingua galega. Pretenden ser tamén a voz de todas aquelas mulleres que desexan que canten os seus poemas, textos ou melodías e por iso contan coa colaboración de poetisas que lles regalan as súas verbas encantadas.
Sábado 13 de agosto de 2022, de 23.00h a 01.00h da mañá