Concerto Coral de Verán 2026

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza - Verán de Lecer 2026
Concerto

O Auditorio Municipal da Caniza acollerá o vindeiro venres 7 de agosto, ás 22.00 horas, o Concerto Coral de Verán, unha das propostas culturais incluídas na programación do Verán de Lecer 2026, organizada polo Concello da Caniza.

Nesta nova edición, a Coral Polifónica da Caniza estará acompañada por dúas destacadas formacións convidadas: a Coral Polifónica "Airiños de Quenxe", de Corcubión, e a Coral Polifónica "San Telmo", de Tui. As tres agrupacións ofrecerán un repertorio variado que permitirá ao público gozar dunha noite dedicada á música coral e ao intercambio musical entre formacións galegas.

 

Sobre a Coral Polifónica da Caniza

Fundada en 1994, a Coral Polifónica da Caniza é unha das agrupacións culturais máis representativas do municipio. Integrada por arredor de 35-40 voces mixtas, leva máis de tres décadas promovendo a música coral a través dun repertorio que combina obras galegas, clásicas e internacionais.

Ao longo da súa traxectoria participou en numerosos encontros corais, festivais, concertos e actos institucionais e culturais, entre eles o Concerto das Letras Galegas, as festas patronais da vila e intercambios con formacións de toda Galicia.

O concerto está organizado por AS.CUL.CA, coa colaboración do Concello da Caniza, a Deputación de Pontevedra e o programa Cultura.

A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

Horario

O venres 7 de agosto, ás 22h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza