Correbares e Festival Folclórico. Venres 24 de xullo
O Concello continúa coa súa programación cultural e de lecer do Verán 2026 cunha nova proposta dedicada á música tradicional galega e á posta en valor do noso patrimonio cultural.
O venres 24 de xullo celebrarase unha nova edición do Correbares, unha actividade que levará a música en vivo polos diferentes establecementos hostaleiros da vila durante a tardiña, enchendo as rúas de ambiente festivo e animación.
Nesta edición participarán as seguintes agrupacións:
- Banda de Gaitas A Capela
- Banda de Gaitas A.C. Pontenova
- Grupo de Pandereteiras Os Furafollas de Oroso
- Grupo de Gaitas Santa Cristina de Valeixe
Ao longo da tarde, os grupos percorrerán os bares da vila interpretando un amplo repertorio de música tradicional galega, contribuíndo a dinamizar a hostalaría local e ofrecendo veciñanza e visitantes unha experiencia festiva arredor da nosa cultura popular.
A partir das 22:30 horas, a programación continuará na Praza Maior coa celebración do Festival Folclórico, no que todas as agrupacións interpretarán xuntos varias pezas populares.
Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Canicense (ASCULCA) e conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra, dentro da programación cultural do Verán 2026.
o venres 24 de xullo, á tardiña comezará o Correbares e a partires das 22:30h o festival Folklórico na Praza Maior