Curso básico de Intelixencia Artificial dentro do Programa Clara: Facendo da IA unha aliada pola igualdade

Data
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza

Unha formación pensada para achegar a tecnoloxía á cidadanía e promover a igualdade de oportunidades no uso da IA.

O curso celebrarase os días 23 e 24 de setembro ás 19:15 horas na Aula Cemit da Cañiza.

Será unha oportunidade para coñecer que é a intelixencia artificial, como funciona e de que maneira pode empregarse como ferramenta positiva para a igualdade e o benestar social.

? Actividade de balde
? Dirixida a todas as persoas interesadas, sen necesidade de coñecementos previos
 


Sobre o Programa Clara

Este curso forma parte das accións do Programa CLARA, que conta cun equipo multidisciplinar de profesionais e ofrece de maneira gratuíta:

  • Atención xurídica e psicolóxica
  • Orientación laboral
  • Servizos de saúde e benestar
  • Actividades formativas en igualdade, tecnoloxía e empregabilidade

O Programa CLARA está financiado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027, e desenvolvido coa colaboración dos Concellos da Cañiza e Covelo.

Para máis información ou inscricións:

  • 606 118 853
  • 687 227 495
Horario

os días 23 e 24 de setembro ás 19:15 horas na Aula Cemit da Cañiza.