Curso: Bo Uso dos Videoxogos

Data
to
Location
Aula CeMit (1º andar da Casa de Cultura)
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello da Cañiza ofrece un novo curso gratuíto de información dixital dirixido a mozas e mozos de 12 a 17 anos, con aulas durante as vacacións de Nadal.

IMPRESCINDIBLE inscrición na Biblioteca Municipal.  Tel.: 986 66 30 69

Prazo de inscrición: dende o 9 ata o 17 de decembro ás 13:00 h

Prazas limitadas!

TEMARIO

? 1. Descubrindo o mundo dos videoxogos

  • Que é un videoxogo: evolución, xéneros e características básicas.
  • De Tetris ao Fortnite: pequena viaxe pola historia dos videoxogos e a súa influencia cultural.
  • O valor positivo dos videoxogos: aprendizaxe, creatividade, resolución de problemas, cooperación e beneficios cognitivos.

? 2. Xogar en familia e con sentido

  • A importancia das idades: elección de videoxogos adecuados segundo clasificación PEGI e nivel de madurez.
  • Establecer límites e rutinas: tempo de xogo, pausas, horarios equilibrados e convivencia dixital.
  • Videoxogos como ferramenta de unión: dinámicas familiares para xogar xuntos, comprender intereses dos mozos/as e fomentar acompañamento.
  • Comunicación e convivencia dixital: crear espazos de diálogo sobre o xogo, normas consensuadas e implicación positiva das familias.

? 3. Seguridade e saúde nos videoxogos

  • Cando o xogo deixa de ser divertido: sinais de uso excesivo, frustración, dependencia e perda de control.
  • Seguridade nas partidas en liña: riscos máis comúns (contactos descoñecidos, estafas, contidos inapropiados) e como actuar.
  • O corpo tamén xoga: ergonomía, pausas activas, coidado da postura, descanso visual e hábitos saudables.
  • Alternativas de lecer dixital: propostas complementarias que favorecen un equilibrio entre xogo, aprendizaxe e vida diaria.
Horario

Días: 22, 23 e 26 de decembro
Horario: de 16:30 a 19:00 h
Lugar: Aula CeMit (1º andar da Casa de Cultura)