Curso de iniciación á informática para pensionistas e xubilados
Formación
O Concello da Cañiza continúa coa súa oferta formativa e ofrece este curso gratuíto dirixido a xubilados e pensionistas ou persoas que non están familiarizadas co ordenador, ben porque nunca o usaron ou ben porque queren aprender paso a paso.
Formación gratuíta!
Prazas limitadas!
Información e inscrición-Biblioteca Municipal/ Teléfono: 986 66 30 69
Horario
Todos os luns, martes, mércores e xoves de 16h a 19h, no Aula Cemit da Casa de Cultura ( 40 horas de duración)
Empezaremos o curso o vindeiro 10 de xuño, martes.