Curso de OFIMÁTICA para estudantes de ESO e BACHARELATO
Formación
O Concello da Cañiza ofrece un curso gratuíto de ofimática para que os estudantes melloren as súas habilidades informáticas e poidan realizar con facilidade as tarefas que lles piden os seus profesores.
Dirixido a estudantes maiores de 11 anos con aulas os luns, mércores e venres de 10 a 13 h durante os meses de xullo e agosto.
Comezo do curso o luns 10 de xullo e remate o mércores 9 de agosto. Total: 40 horas
Información e inscrición: Biblioteca Municipal /Telef: 986 66 30 69
Prazas limitadas!
Horario
Aulas os luns, mércores e venres de 10 a 13 h.