Desfile de moda do deseñador Cristóbal Vidal
O Auditorio da Casa da Cultura da Caniza acolle o sábado 26 de setembro, dun desfile de moda a cargo do deseñador Cristóbal Vidal.
O evento contará coa participación de diversos deseñadores e profesionais vinculados ao mundo da moda, entre eles David Morice, Sofía Gándara, Alba Cayetano, Noé Barros, Tsele Vázquez, África Álvarez, María Pujadas, Rebeca Raña, Iago Iglesias, Marina Venditti e Lorena Rodríguez.
A proposta achegará á Caniza unha mostra de diferentes creacións e estilos nunha posta en escena especialmente deseñada para gozar da moda.
Ademáis, xunto a estas coleccións e a colección propia de Cristóbal Vidal, o desfile dará protagonismo ás alumnas e alumnos do XV Curso de Deseño e Patronaxe, que presentarán as pezas e creacións realizadas durante o seu proceso de formación no pasado curso 2025/2026.
Os obradoiros desenvólvense nas instalacións da Casa da Cultura de A Caniza, onde os participantes traballan diferentes aspectos relacionados co deseño, o patronaxe e a confección, combinando os coñecementos técnicos co desenvolvemento da súa creatividade.
A entrada será libre.
Agardámosvos!
Sábado 26 de setembro, a partir das 20h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza