ESCOLA DE FAMILIAS. Charla sobre Educación sexual: promoción do respeto e comprensión da sexualidade
O ALCALDE ANUNCIA UNHA NOVA FORMACIÓN DA "ESCOLA DE FAMILIAS"
“Charla sobre Educación sexual: promoción do respeto e comprensión da sexualidade”. Xoves, 8 de maio de 2025.
Programada no ciclo de actividades dirixidas ás familias para os meses de abril, maio e xuño.
A actividade está enmarcada dentro do programa “EN FAMILIA TODOS CONTAN” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.
Está dirixido especialmente á poboación infantil e adolescente e ás súas familias.
As actividades do programa xiran entorno a adquisición de habilidades sociais de cara a previr patróns de consumo, tanto de sustancias como doutras condutas aditivas.
o Xoves, 8 de maio de 2025, de 18h a 19.30h no Edificio Multiusos do Concello da Cañiza