Espectáculo de humor «Conexión Pingüín»

Data
to
Location
Praza Maior da Vila
Organiser
Concello da Cañiza. Programación do Verán de Lecer 2022
Actividades

 

Evento de Verán de lecer A Cañiza

Con Luis Iglesia e Marcos Orsi.

PARA TODA A FAMILIA. GRATUÍTO

Espectáculo co que nos contaxiaremos do humor destes dous grandes profesionais.

Ficha artística

Elenco: Luís Iglesia e Marcos Orsi
Dirección: Marcos Orsi
Xéneros: Comedia
Duración: 70 min
Público: Adultos
Tipo espectáculo: Adulto
Texto: Jose Prieto
Escenografia: Kukas

ESTREA 2021*

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se decata, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPs, ...

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todos os días e acotío, en casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na super era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, pero nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, pero conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por unha banda, os nosos protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escolta, o descoido mortal e as súas propias barbas, que non pairan de crecer. E doutra banda, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica.

Horario

O luns 8 de agosto de 2022, ás 22.30h