Espectáculo de humor «Enredos» da compañia AVela Circo
O Concello continúa coa programación do "Verán de Lecer 2026" coa celebración dun novo espectáculo pensado para o desfrute de toda a familia.
O vindeiro luns, 3 de agosto, ás 22:30 horas, a Praza Maior converterase no escenario de Enredos, a proposta de humor e circo contemporáneo da compañía AVela Circo.
Enredos é un espectáculo para todos os públicos que combina clown, teatro físico, circo contemporáneo e humor visual nunha montaxe sen texto, na que a expresión corporal e as situacións cómicas son as grandes protagonistas.
SINOPSE
A historia trasládanos ao primeiro día de traballo dun pallaso que herda a antiga fábrica familiar. O que comeza con ilusión axiña se transforma nunha divertida sucesión de imprevistos: maquinaria oxidada, engrenaxes desaxustados e estruturas inestables dan pé a situacións tan absurdas como sorprendentes, nas que as habilidades circenses e a comicidade conviven cunha coidada posta en escena chea de poesía visual.
Creada pola compañía AVela Circo, fundada en 2018, a montaxe aposta por un circo contemporáneo que mestura técnica, emoción e humor para ofrecer unha experiencia próxima, participativa e accesible a espectadores de todas as idades. A compañía caracterízase por utilizar o circo como unha linguaxe poética e por transformar as situacións máis cotiás en momentos de sorpresa e diversión.
Con aproximadamente 45 minutos de duración, Enredos é unha proposta familiar que invita a rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación a través dun espectáculo no que cada erro se converte nunha oportunidade para seguir xogando.
Luns, 3 de agosto de 2026, ás 22:30 horas na Praza Maior da Caniza