Exhibición de Taekwondo na Praza Maior!

Data
to
Location
Praza Maior da Vila
Organiser
Concello da Caniza. Verán de Lecer 2026
Actividades

O vindeiro xoves 16 de xullo, ás 21:00 horas, a Praza Maior da Caniza converterase no escenario da exhibición de Taekwondo.

As alumnas e alumnos das clases de Taekwondo, amosarán o traballo realizado ao longo do curso 2025-2026, nas instalacións do ximnasio municipal, a través de diferentes exercicios, técnicas de defensa persoal, coordinación, forza e equilibrio, achegando ao público os valores e a disciplina deste deporte olímpico.

Esta actividade forma parte da programación Lecer 2026, coa que o Concello ofrece durante o verán propostas culturais, deportivas e de lecer para todas as idades.

Anímate a asistir, apoiar ás nosas e aos nosos deportistas e desfrutar dunha tarde diferente en familia ou con amizades.

Agardámoste!

Horario

📍 Praza Maior da Caniza
📅 Xoves, 16 de xullo
🕘 21:00 horas