Festival de verán da Escola de Música da Caniza
Concerto
O Concello da Caniza presenta o Festival de Verán da Escola de Música.
O concerto celebrarase o vindeiro 19 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Cultura da Caniza, nunha cita moi especial na que os alumnos e alumnas da Escola de Música, supervisados polos seus profesores, amosarán o traballo realizado ao longo do curso a través de diferentes actuacións en directo.
Será unha excelente oportunidade para apoiar á Escola e desfrutar da música en familia.
Data: 19 de xuño
Hora: 20:00 h
Lugar: Casa da Cultura da Caniza
Entrada gratuíta
Actividade incluida dentro da programación cultural Verán de Lecer 2026 do Concello da Caniza .
Horario
O venres 19 de xuño de 2026, ás 20h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza