FORMACIÓN. "Da identificación á prevención: Ferramentas contra a violencia de xénero"

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza no marco do Programa Clara

No marco do Programa CLARA, os concellos da Cañiza e Covelo poñen en marcha unha ampla programación destinada a promover a igualdade e previr a violencia de xénero.

Entre as súas actividades inclúense cursos, obradoiros e accións de sensibilización, como o curso:

 

Da identificación á prevención: Ferramentas contra a violencia de xénero
  • Do 18 ao 19 de setembro, ás 17:00 h
  • Aula CEMIT da Cañiza
  • Con diploma de aproveitamento

 

O Programa CLARA conta ademáis cun equipo multidisciplinar de profesionais que ofrece de maneira gratuíta:

  • Atención xurídica e psicolóxica
  • Orientación laboral
  • Servizos de saúde e benestar
  • Actividades formativas en igualdade, tecnoloxía e empregabilidade

 

O Programa está financiado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027, e desenvolvido coa colaboración dos Concellos da Cañiza e Covelo.

Para máis información ou inscricións:
  • 606 118 853
  • 687 227 495
Horario

Do 18 ao 19 de setembro, ás 17:00 h, no Aula CEMIT da Cañiza

Aviso!

Segundo nos comunica á empresa formadora, o curso ten que retrasarse un día, tendo previsto o inicio o día 18 de setembro, xoves.