O Concello da Cañiza pon en marcha unha nova acción formativa dentro do Programa de Capacitación Dixital, dirixida a mellorar as competencias dixitais da veciñanza e achegar o uso práctico da intelixencia artificial á vida persoal e profesional.
Esta formación presencial está dirixida a persoas de 18 a 65 anos e desenvolverase na Aula A da Casa da Cultura da Cañiza, en horario de mañá.
Datos do curso
- Datas: do 8 ao 15 de xaneiro
- Horario: de 9:00 a 14:00 h
- Modalidade: Presencial
- Lugar: Aula A Casa da Cultura da Cañiza
- Custo: Formación 100 % gratuíta
Obxectivos da formación
O programa ten como obxectivo proporcionar ás persoas participantes unha visión práctica e accesible da intelixencia artificial, das súas aplicacións actuais e da súa utilidade en distintos ámbitos, como a creación de contidos e a busca de emprego.
Contidos
Ao longo do curso traballaranse os seguintes bloques:
-
Intelixencia artificial: coñece o teu novo aliado
Introdución aos conceptos fundamentais e á evolución da IA. -
Aprende o novo linguaxe: prompting
Deseño e optimización de instrucións para interactuar de xeito eficaz con ferramentas de intelixencia artificial. -
Domina a IA: amplía o teu contido e minimiza o teu esforzo
Uso de ferramentas de intelixencia artificial xerativa para crear textos, imaxes, vídeos e música. -
Intelixencia artificial para a busca de emprego
Aplicación da IA nos procesos de selección, sistemas ATS e entrevistas automatizadas.
Inscrición e información
As persoas interesadas poden obter máis información ou realizar a inscrición chamando ao 645 440 959.
Esta iniciativa forma parte das accións impulsadas polo Concello da Cañiza para fomentar a inclusión dixital e mellorar a empregabilidade a través do uso responsable e eficaz das novas tecnoloxías.
Do 8 ao 15 de xaneiro de 2025, en horario de 9:00 a 14:00 horas