Gymkana Tecno para achegar a infancia á tecnoloxía dende a igualdade

Data
to
Location
Patio do CPI da Caniza
Organiser
Concello da Caniza

O Concello continúa coa programación da 3ª edición do Programa CLARA, unha iniciativa para promover a igualdade de oportunidades, previr a violencia de xénero e favorecer o benestar das mulleres e das súas familias.

Neste marco, os vindeiros 27 e 28 de agosto, a partir das 17:00 horas, celebrarase no patio de xogos do CPI da Caniza a Gymkana Tecno en Igualdade, unha proposta dirixida a nenas e nenos de 7 a 14 anos que combina aprendizaxe, diversión, novas tecnoloxías e traballo en equipo.

A actividade ofrecerá diferentes experiencias para que as e os participantes poidan achegarse ao mundo dixital dun xeito práctico, creativo e seguro:

  • Voo de drons: circuitos, pequenas competicións por equipos e iniciación á programación básica de drons.
  • Gafas de realidade virtual: unha experiencia para descubrir outros mundos e explorar as posibilidades desta tecnoloxía.
  • Tablets e ferramentas dixitais: aprender a buscar información en internet, explorar xogos en liña e utilizar diferentes recursos dixitais de forma segura e responsable.
  • Gymkana Tecno Final: retos de habilidades, creatividade e resolución de problemas nos que será fundamental a colaboración e o traballo en equipo.

Con esta proposta, o Programa CLARA busca que os nenos e nenas se acheguen á tecnoloxía como un espazo de aprendizaxe, creatividade e participación, fomentando ao mesmo tempo un uso responsable e seguro das ferramentas dixitais.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 27 de agosto.

Para máis información e inscricións, poden contactar a través dos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 e 687 227 495.

 

Gymkana Tecno para achegar a infancia á tecnoloxía dende a igualdade

 

Horario

Os días 27 e 28 de agosto de 2026, a partir das 17h