A parroquia de Valeixe volverá converterse no punto de encontro do encaixe de bolillos coa celebración do III Encontro de Palilleiras Concello da Caniza, que terá lugar este domingo 17 de maio de 2026 na Casa da Irmandade de Valeixe, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Valeixe AMURUVA, coa colaboración do Concello, Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.
Tras o éxito acadado nas anteriores edicións, o encontro consolídase como unha das citas de referencia arredor do encaixe de bolillos na provincia de Pontevedra e como a única mostra destas características que se celebra nas comarcas do Condado e da Paradanta.
Durante a xornada, os participantes amosarán os seus traballos e a súa destreza no arte do encaixe de bolillos, nun ambiente festivo e de convivencia que tamén contará coa presenza de asociacións e colectivos chegados de diferentes puntos de Galicia.
O domingo 17 de maio de 2026, a partires das 10:00 da mañá durante toda a xornada