III Serán de Verán de Valeixe 2026

Data
to
Location
No Torreiro de Santa Cristina de Valeixe
Organiser
A.C.D. Sta Cristina de Valeixe en colaboración co Concello
Actividades

A Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe ten o pracer de convidarvos ao "III Serán de Verán'26", unha xornada de celebración e música tradicional galega que se celebrará o domingo 19 de xullo no torreiro de Santa Cristina, en Valeixe.

  • Haberá moita música tradicional, pinchos de balde para todos os asistentes, sorteos e servizo de bar con prezos populares.

  • As inscricións para participar no serán realizaranse no propio torreiro a partir das 17:30 h.

Non faltedes!

Animamos a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta celebración da cultura galega nun ambiente festivo e familiar. 

Organiza:

  • A.C.D. Santa Cristina de Valeixe

Colaboran:

  • Comisión de Santa Cristina de Valeixe
  • Concello da Cañiza
  • Deputación de Pontevedra – Cultura

Para máis información, escanea o código QR incluído no cartel

 

Horario

O domingo 19 de xullo, a partires das 18h