Itinerario de Especialización Loxística 360º ( curso de 180 horas en almacén, reposición e loxística )
O Concello informa da posta en marcha o próximo 21 de setembro do Itinerario de Especialización Loxística 360º, unha formación presencial de 180 horas dirixida a persoas desempregadas de entre 45 e 60 anos, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e favorecer a súa inserción laboral.
O programa, enmarcado no Programa Talento 45+, financiado polo Fondo Social Europeo Plus (Goberno de España) e cofinanciado pola Cámara de Comercio, combina formación en reposición, venda, atención ao cliente, organización de almacéns e loxística.
Ademais, inclúe prevención de riscos laborais e formación práctica no manexo de carretilla elevadora, apilador eléctrico e transpaleta.
FORMACIÓN 1: AUXILIAR DE REPOSICIÓN — 60 horas
- Reposición en gran superficie: disposición de produtos, xestión de stock e albaráns.
- Manipulación de alimentos: APPCC, hixiene e alérxenos.
- Técnicas de venda: proceso de venda, animación do punto de venda e caixa/TPV.
- Atención ao cliente: necesidades, normativa de consumo e xestión de incidencias.
FORMACIÓN 2: AUXILIAR DE ALMACÉN — 120 horas
- Prevención de Riscos Laborais: seguridade, plans de emerxencia e primeiros auxilios.
- Organización do almacén: fluxo de mercadorías, etiquetaxe, xestión de stock e picking.
- Maquinaria de almacén: carretilla elevadora, apilador eléctrico e transpaleta.
A maior parte das clases impartirase no Multiusos da Caniza, de 09:00 a 14:00 horas, mentres que as prácticas de maquinaria se desenvolverán en dúas xornadas en Vigo. A formación está prevista ata o 11 de novembro.
As persoas interesadas deben ter entre 45 e 60 anos, estar desempregadas e residir prioritariamente na comarca da Paradanta, O Condado ou zonas limítrofes da provincia de Pontevedra.
Para máis información poden contactar con Orientación A Caniza no 886 216 724 ou no 685 873 517.