Lucía Pérez en concerto coa xira « XX Aniversario»

Data
to
Location
Praza Maior da Caniza
Organiser
Concello da Caniza. Verán de Lecer 2026
Concerto

O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 cunha das grandes citas musicais deste verán:

a actuación de Lucía Pérez, que chega á vila coa súa Xira XX Aniversario.

A artista galega ofrecerá un concerto o mércores, 12 de agosto, ás 22.30 horas, na Praza Maior da Cañiza, nun espectáculo pensado para facer un percorrido polos grandes éxitos da súa traxectoria, celebrando dúas décadas sobre os escenarios.

O evento é de acceso libre e promete ser unha noite chea de música, emoción e recordos compartidos.

Esta actuación supón, ademais, o pistoletazo de saída da programación musical da 60ª edición da Festa-Feira do Xamón da Cañiza, que se celebrará o 15 de agosto, converténdose na primeira gran cita dun dos eventos gastronómicos e festivos máis importantes de Galicia.

O Concello da Cañiza convida á veciñanza e aos visitantes a gozar desta actuación única.

Concerto de Lucía Pérez – Xira XX Aniversario

Horario

o Mércores 12 de agosto de 2026, a partir das 22.30 horas na Praza Maior da Caniza