Noite de Karaoke

Data
to
Location
Praza Maior da Caniza
Organiser
Concello da Caniza - Verán de Lecer 2026
Actividades

O próximo martes 4 de agosto, a partir das 22:30 horas, a Praza Maior converterase nun gran escenario aberto para acoller a Noite de Karaoke.

Será unha oportunidade para que veciños, veciñas e visitantes poidan subir ao escenario e interpretar as súas cancións favoritas nun ambiente festivo, participativo e pensado para todas as idades.

A actividade contará cun amplo repertorio das mellores cancións de karaoke, para que cada participante poida demostrar as súas dotes musicais ou, simplemente, pasar un bo intre compartindo música e diversión con familiares e amizades.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar nesta divertida velada!

 

Horario

O martes 4 de agosto de 2026, ás 22.30 horas na Praza Maior da Caniza