Nova edición de «Entrena Emprego Rural» para facilitar o acceso ao mercado laboral de mulleres do rural
A Caniza acolle unha nova edición do programa «Entrena Emprego Rural» para facilitar o acceso ao mercado laboral de mulleres do rural
O Concello informa da posta en marcha do programa «Entrena Emprego Rural», unha iniciativa dirixida a mulleres desempregadas maiores de 18 anos das zonas rurais da provincia de Pontevedra, que ten como obxectivo mellorar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral.
O programa desenvolverase de setembro a decembro e contará con inscrición gratuíta. As participantes poderán beneficiarse dun itinerario de acompañamento e orientación destinado a reforzar as súas capacidades, facilitar a busca activa de emprego e favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.
«Entrena Emprego Rural» está impulsado pola Fundación Santa María la Real e conta coa cofinanciación da Unión Europea e o Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e da Fundación MAPFRE, no marco do Programa Estatal de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza (CCI 2021ES05SFPR003), así como coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Caniza.
As mulleres interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través da páxina entrenaempleo.org/inscribete.
Para obter máis información, pódese contactar co equipo responsable no teléfono 621 152 361 ou no correo electrónico stemes@santamarialareal.org.
Entrena Emprego Rural é unha oportunidade máis para as mulleres de mellorar as oportunidades de acceso ao mercado laboral.
Os días de impartición das formacións, horarios e lugares das clases están pendentes de determinar dependendo da formación dos grupos.