Nova formación da "Escola de Familias": XESTIÓN EMOCIONAL PARA FAMILIAS, impartida pola Educadora Social Paula Santos

Data
to
Location
Edificio Multiusos da rúa Progreso, 21. No 1º Andar
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

Cuarta charla dirixida a pais e nais con nenos e nenas en idade preescolar e escolar.

A actividade está enmarcada dentro do programa “EN FAMILIA TODOS CONTAN” da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O Servizo entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.

Está dirixido especialmente á poboación infantil e adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.

As actividades do programa xiran entorno a adquisición de habilidades sociais de cara a previr patróns de consumo, tanto de sustancias como doutras condutas aditivas.

Horario

O martes, 10 de xuño de 2025, de 17:30h a 19:00h no Edificio Multiusos ( rúa Progreso, nº 21 - 1º andar )