O Concello anuncia a posta en marcha dun novo programa formativo para mulleres: «Entrena Empleo Rural»

Data
to
Location
Ayuntamiento de A Cañiza
Organiser
Fundación Santa María La Real, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus (FDE+) y la Fundación Mapfre, en el marco del Programa Estatal de Inclusión Social Garantía Infantil y lucha contra la pobreza
Formación

Un programa gratuito de orientación laboral, con prazas limitadas, que se desenvolverá do mes de xuño a outubro de 2025, impulsado pola Fundación Santa María La Real, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FDE+) e a Fundación Mapfre, no marco do Programa Estatal de Inclusión Social Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza, ademáis de contar coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Cañiza.

A partires do mes de xuño porase en marcha a 4ª edición do programa en diferentes puntos de España, entre eles A Cañiza, comentou esta mañá o Alcalde Luis Piña.

O Proxecto comezou en 2024 como un “Programa de Mulleres que axuda ás Mulleres” co obxectivo de que poidan encontrar un emprego e contactar con empresas. Nestes 2025 e 2026 está previsto que axuden a preto de 300 mulleres en desemprego en zonas rurais de España para que poidan reactivar a súa busca de traballo.

As veciñas que estén interesadas en participar nesta edición, poden realizar a súa inscripción de forma online, a través deste enlace: www.entrenaempleo.org/es/inscribete. Tamén poden ampliar a información contactando coa técnica de emprego da Fundación en Galicia, Sarai Temes, no número de teléfono 621 152 361. Email: stemes@santamarialareal.org 

 

“Entrena Empleo Rural” - Un programa de mulleres para mulleres

No que poderán participar mulleres desempregadas, maiores de 18 anos, residentes na cañiza, con calquera nivel de estudos e procedentes de calquera sector profesional con ou sen experiencia previa.

Nesta formación taballarán unidas a través do programa que fomenta a rede de apoio e o coidado para regresar de volta ao mercado laboral e atopar a oportunidade de traballo que están buscando.

 

Formato semipresencial e actividades

As sesións realizaranse en formato flexible, tanto presencial como en liña, adaptándose ás necesidades das mulleres participantes que contarán co asesoramento de mulleres especialistas da Fundación Santa María a Real:

  • para realizar un novo itinerario de procura de emprego e enfocar o seu obxectivo profesional.
  • Actualizar o seu currículo.
  • Reforzar competencias transversais e habilidades dixitais para o emprego.
  • Ensaiar entrevistas para gañar confianza nos procesos de selección
  • Elaborar mapas de empregabilidade .
  • E realizar visitas a empresas en busca da súa inserción.