O espectáculo de circo aéreo Circo Expreso 2 chega á Praza Maior
O Concello continúa coa programación do "Verán de Lecer A Caniza 2026" cunha nova proposta cultural pensada para sorprender a pequenos e maiores.
O próximo xoves 6 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza Maior acollerá o espectáculo de circo aéreo Circo Expreso 2.
Esta espectacular montaxe combina acrobacias aéreas, equilibrio, forza, coordinación e unha coidada posta en escena para ofrecer un show visual cheo de emoción, beleza e adrenalina. Os artistas desafiarán a gravidade con impresionantes números a varios metros de altura, creando un espectáculo que manterá ao público expectante de principio a fin.
Pensado para todos os públicos, Circo Expreso 2 convida ás familias a vivir unha experiencia única na que o circo contemporáneo, a música e a expresión artística se unen para converter a Praza Maior nun gran escenario ao aire libre.
Non perdas esta oportunidade de desfrutar dun espectáculo único de circo aéreo !
Xoves, 6 de agosto de 2026, á partir das 22.30h na Praza Maior da Caniza