O IES da Caniza oferta novas oportunidades de Formación Profesional
O Concello informa sobre a oferta de Formación Profesional (FP) do IES da Caniza, unha oportunidade para que os veciños e especialmente a mocidade, poida formarse no propio municipio e acceder a novas posibilidades académicas e laborais.
O centro educativo conta con ensinanzas de FP Básica en Informática de Oficina e Mantemento de Vehículos, así como FP de Grao Medio en Xestión Administrativa.
A oferta formativa permite adquirir coñecementos e competencias profesionais orientadas ao mercado laboral, e inclúe ademais a posibilidade de realizar prácticas no estranxeiro, unha experiencia que pode contribuír á formación e á futura inserción laboral do alumnado.
Animamos ás persoas interesadas a informarse sobre as prazas dispoñibles, os requisitos de acceso e o proceso de matrícula.
📞 886 110 001
📧 ies.caniza@edu.xunta.gal
🌐 www.edu.xunta.es/fp/
🌐 www.edu.xunta.gal/centros/iesdacaniza/