O Programa «Talento 45+» pon en marcha a II edición do curso de Almacén - 100% gratuito - Aberto o prazo de inscrición.

Data
to
Location
Edificio Multiusos da rúa Progreso, 21. No 1º Andar
Organiser
Concello da Cañiza, en colaboración con Ntfor Learning S.L. e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa
Formación

O Concello da Cañiza, en colaboración con Ntfor Learning S.L. e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, pon en marcha a segunda edición do curso 100% gratuíto de Itinerario de Almacén, dirixido a persoas desempregadas de 45 a 60 anos da comarca da Paradanta.

  • Datas: do 20 de outubro ao 28 de novembro de 2025
  • Horario: de 9:00 a 14:00 h
  • Lugar: Edificio Multiusos da Cañiza
  • Obxectivo: mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral das persoas maiores de 45 anos mediante formación práctica no sector loxístico e de almacén.
Itinerario formativo (120 horas):
  • Organización do almacén (30 h)
  • Prevención de riscos laborais (60 h)
  • Manexo de maquinaria e seguridade: 
    • Carretilla elevadora (teoría e prácticas nun circuíto real).
    • Transpalet eléctrico.
    • Manipulador de alimentos (inclúe formación en alérxenos e APPCC).
Inscricións abertas:

As persoas interesadas poden inscribirse xa na II edición do curso.

Sobre o programa Talento 45+

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e Ntfor Learning, S.L., centro de formación profesional especializado para o emprego,  cofinanciada pola FSE+. destinada a paliar os efectos que a crise da COVID-19 provocou nas persoas de 45 a 60 anos en situación de desemprego.

O itinerario inclúe:
  • Diagnóstico inicial personalizado para analizar a situación laboral da persoa participante.
  • Formación en competencias dixitais, adaptada ao perfil de cada alumno.
  • Itinerario formativo específico, con cursos prácticos como os ofertados nesta convocatoria.
  • Orientación individualizada para identificar oportunidades reais de emprego no mercado actual.

Non perdas esta nova oportunidade para mellorar a túa cualificación profesional e abrir portas no mercado laboral!

#ConcelloDaCañiza #Talento45plus #Formación #CursosGratuítos #Emprego #OportunidadesLaborais #InserciónLaboral #EuropaseSente #Ntfor #CámaraDeComercio #Loxística #Almacén

Horario

Do 20 de outubro ao 28 de novembro de 2025.