Obradoiro de pan e de preparación do «Bocata de xamón xigante» para toda a familia
Actividades
- A Caniza xa está preparada para celebrar a súa 60 Feira do Xamón cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.
- Comezamos o xoves, 13 de agosto celebrando o «XI Obradoiro do bocata de xamón» no que tentaremos fabricar un gran bocadillo de 20 metros de longo.
- Un ano máis cortaremos un xamón e fabricaremos unha barra de pan xigante dunha soa peza. E de sobremesa, unha rosca doce xigante.
Obradoiro de Pan para os máis pequenos
Ao mesmo tempo os máis pequenos da casa, poderán gozar co «Obradoiro de Pan» que tamén se abrirá á mesma hora e no mesmo emprazamento.
Aprenderemos a elaborar a masa, darlle as formas máis curiosas e enfornar o pan.
Unha actividade gratuíta para todos.
Esperámosvos!!!
Horario
Xoves 13 de agosto de 2026, a partires das 18h na rúa Oriente
Galería multimedia