Preparados para celebrar as Festas do Xamón 2026!
Esta noite comezan as verbenas da 60ª edición.
Os días 14 e 15 de agosto, A Caniza acollerá as verbenas da súa festa grande, con dúas noites de música e actividades para acompañar a celebración dunha das citas máis destacadas do calendario festivo municipal.
O Concello da Caniza destina 49.610 € (IVE incluído) á programación musical destas dúas xornadas.
PROGRAMA
📅 Venres, 14 de agosto | 22:30 h
📍 Rúa Antonio Facorro → Orquestra Escaparate
📍 Praza Maior → Orquestra La Oca Band
📅 Sábado, 15 de agosto | Día grande da Feira do Xamón | 22:30 h
📍 Rúa Antonio Facorro → Grupo Galia
📍 Praza Maior → Grupo Origen
Dúas noites de música e convivencia para celebrar, xunto coa veciñanza e todas as persoas que nos visitan, a 60ª Festa–Feira do Xamón.
Boas festas a todos e todas!
14 e 15 de agosto de 2026, a partires das 22:30h