Probas para obter o título da ESO – Maiores de 18 anos

Data
to
Formación

No Concello da Cañiza ofrecemos a posibilidade de preparar as probas libres para a obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dirixidas a persoas maiores de 18 anos.

É unha oportunidade para aquelas persoas que, por diferentes motivos, non puideron rematar os seus estudos no seu momento e agora queren acadar esta titulación oficial.

Vantaxes de obter o título da ESO

  • Mellores oportunidades laborais, xa que moitas ofertas de emprego requiren polo menos esta titulación.
  • Posibilidade de acceder a ciclos formativos de grao medio ou continuar estudos académicos superiores.
  • Unha maneira de mellorar o desenvolvemento persoal, gañar confianza e abrir novas portas ao futuro.

Organización das clases

  • Comezo: 1 de outubro
  • Horarios:
    • Luns de 17:00 a 20:00 h → Ámbito Científico
    • Mércores de 17:00 a 20:00 h → Ámbito Lingüístico e Social

As clases están organizadas en dous bloques principais que coinciden cos ámbitos da proba:

  1. Ámbito Científico-Tecnolóxico (matemáticas, ciencias naturais, tecnoloxía).

  2. Ámbito Social e Lingüístico (lingua galega, lingua castelá, lingua estranxeira, ciencias sociais).

Convocatorias oficiais

As probas realízanse en dúas convocatorias anuais:

  • 1ª convocatoria: abril
  • 2ª convocatoria: xuño

O alumnado que supere estas probas acadará o título oficial da ESO, expedido pola Xunta de Galicia.

Inscricións e información

  • Lugar: Biblioteca Municipal da Cañiza
  • Teléfono: 986 66 30 69
  • Organiza: Concello da Cañiza – Aula Cemit
Horario

A partires do 1 de outubro de 2025 en horario de 17h a 20h.