Proxección da película «Como adestrar o teu dragón 2025» no ciclo "Cine na Rúa"
O ciclo "Cine na Rúa" continúa coa proxección da película de animación "Como adestrar o teu dragón", unha emocionante aventura para todos os públicos.
A sesión celebrarase o:
📅 Martes, 28 de xullo de 2026
🕥 Ás 22:30 horas
📍 Praza Maior da Caniza
Sinopse
Hipo é un mozo viquingo que vive na illa de Berk, onde os dragóns levan xeracións sendo considerados os peores inimigos da súa xente. Todo cambia cando coñece a Desdentado, un esquivo dragón Furia Nocturna co que establece unha inesperada amizade. Xuntos demostrarán que a comprensión, a confianza e o respecto poden romper vellos prexuízos e cambiar o destino de viquingos e dragóns. Unha apaixonante historia de amizade, superación e valentía para desfrutar en familia.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a proxección trasladarase ao Auditorio da Casa da Cultura da Caniza, mantendo o mesmo horario.
O ciclo "Cine na Rúa", que se desenvolve do 27 ao 30 de xullo, forma parte da programación estival "Verán de Lecer 2026".
Martes, 28 de xullo de 2026, a partires das 22:30h.