Proxección da película « Jurassic World: O Renacer »

Data
to
Location
Praza Maior da Vila e en caso de mal tempo Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Cine

O ciclo "Cine na Rúa", unha das actividades incluídas na programación do "Verán de Lecer 2026" organizada polo Concello da Caniza, continúa coa proxección da película "Jurassic World: O Renacer", unha emocionante aventura de acción e ciencia ficción para os amantes do universo Jurassic.

A sesión celebrarase o:

📅 Mércores, 29 de xullo de 2026
🕥 Ás 22:30 horas
📍 Praza Maior da Caniza

Sinopse

Cinco anos despois dos acontecementos de Jurassic World: Dominion, unha expedición científica desprázase a unha remota illa tropical para obter mostras xenéticas de tres das criaturas máis xigantescas da terra, do mar e do aire. O que comeza como unha misión de investigación convértese nunha loita pola supervivencia cando o equipo descobre os perigos que agocha un ecosistema dominado polos dinosauros. Unha espectacular aventura chea de acción, tensión e emoción que recupera a esencia da saga Jurassic.

En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a proxección trasladarase ao Auditorio da Casa da Cultura da Caniza, mantendo o mesmo horario.

O ciclo "Cine na Rúa", que se desenvolve do 27 ao 30 de xullo, forma parte da programación estival "Verán de Lecer 2026".

Horario

O mércores 29 de xullo de 2026, a partires das 22:30 horas na Praza Maior da Vila