A proxección da pelÃcula «O Gato con Botas: O Último Desexo» inaugura o ciclo "Cine na Rúa" do "Verán de Lecer 2026"
🎬 A pelÃcula de animación "O Gato con Botas: O Último Desexo" inaugura o ciclo "Cine na Rúa", unha das actividades incluÃdas na programación do "Verán de Lecer 2026" organizada polo Concello da Caniza.
A primeira proxección terá lugar o luns 27 de xullo, ás 22:30 horas, na Praza Maior da Caniza, nunha sesión gratuÃta pensada para gozar do mellor cine ao aire libre en familia.
Sinopse
O intrépido Gato con Botas descobre que xa consumiu oito das súas nove vidas. Para recuperalas, emprende a viaxe máis importante da súa existencia na procura da mÃtica Estrela dos Desexos. Polo camiño deberá enfrontarse aos seus medos, superar grandes desafÃos e aprender que o verdadeiro tesouro non está nas vidas que lle quedan, senón nas amizades e nas persoas que o acompañan. Unha emocionante aventura chea de humor, acción e valores para todos os públicos.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a proxección trasladarase ao Auditorio da Casa da Cultura da Caniza, mantendo o mesmo horario.
O ciclo "Cine na Rúa", que se desenvolverá do 27 ao 30 de xullo, forma parte da programación estival "Verán de Lecer 2026", coa que o Concello da Caniza ofrece durante os meses de verán unha ampla variedade de actividades culturais, deportivas e de lecer para toda a veciñanza e para as persoas que visitan o municipio.
Luns, 27 de xullo de 2026, a partires das 22:30h na Praza Maior da Caniza